24/10/08

¡ XA TEMOS GAÑADORES !

  • A imaxe gañadora é un bosque de piñeiros do Monte Galiñeiro na provincia de Pontevedra


Un total de 268 imaxes do monte galego inscribíronse na I Edición do Concurso fotográfico “O monte é a nosa vida” desde que se realizase a convocatoria o pasado mes de xuño e finalizase o prazo o 30 de setembro. Durante estes catro meses, o portal do concurso habilitado en internet para as fotografías recibiu imaxes representativas do monte e a paisaxe autóctona galega das catro provincias.

A imaxe gañadora segundo a votación do xurado correspóndese cun bosque de piñeiro na provincia de Pontevedra no Monte Galiñeiro. O segundo premio é para unha imaxe obtida na Aldea da Cova (O Saviñao-Lugo). Para rematar, o xurado elixiu como terceira imaxe premiada, unha fotografía realizada en Vilabade no Concello de Castroverde (Lugo). Ademais destes tres premios, o xurado decidiu outorgar sete accesits a outras instantáneas pola súa representatividade.

As asociacións Fearmaga, Monte Industria e Clúster dá Madeira de Galicia foron as promotoras deste concurso que tiña como obxectivo premiar as imaxes que mellor reflectisen a importancia do monte para Galicia.

O xurado estivo formado polo Director Xeral de Montes, Alberte Blanco; o Decano Autonómico do Colexio de Enxeñeiros de Montes, Guillermo Acebal; Xermán Estévez, Presidente da Fundación Xermán Estévez para a Conservación da Natureza e Elena Fabeiro da Fundación María Martínez Otero. A organización do concurso destacou a alta participación obtida nesta primeira edición e remarcou a calidade das imaxes inscritas que se poden ver no Mural de Fotos do Concurso.

O monte é a nosa vida

O concurso de fotografía é unha iniciativa máis da campaña de sensibilización “O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo”, unha campaña de sensibilización social que pretende poñer en valor o monte galego desde tres perspectivas: económica, social e medioambiental.

A resolución do concurso realízase no marco da Semana Forestal Europea, declarada polos ministros responsables dos bosques de 46 países europeos para reivindicar o papel dos bosques no continente para mitigar o cambio climático, garantir o fornezo de madeira e enerxías renovables, e protexer o medio ambiente.

Grazas a todos polo voso apoio e participación


4 comentarios:

Manuel Rivas dijo...

¿E a quen foron parar os accésits? Máis que nada é curiosidade, xa que non penso que a miña fose unha das agraciadas (hai fotos verdaderamente marabillosas).

Monte Industria dijo...

A tua estivo entre as 23 finalistas, pero non entre as 10 primeiras.

Podes ver os accesits na presentacion que aparece no post ou picando neste enlace

Manuel Rivas dijo...

Moitas grazas :D

Anónimo dijo...

Pois moitas grazas... Síntome moi honrado e faime moita ilusión.

Xa avisaredes de actividades ou de outras iniciativas.

Unha a perta e saudos